Todo o que necesitas saber para desfrutar da Feira do Viño de Valdeorras.
A Feira do Viño de Valdeorras celébrase no Campo da Festa, no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras.
Un espazo céntrico, accesible e xunto ao río, pensado para desfrutar da feira a pé, con amigos ou en familia.
O BARCO DE VALDEORRAS
A feira celébrase do venres 29 ao domingo 31 de maio.
VENRES 29
19:30 • 00:00 h
SÁBADO 30
12:00 • 15:00 h
20:00 • 00:00 h
DOMINGO 31
12:00 • 16:00 h
Recomendámosche consultar o programa durante a feira para ver actividades, horarios e posibles actualizacións.
22 adegas forman parte desta edición, a cifra máis alta dos últimos anos.
Descobre os seus viños durante a feira e vota pola túa favorita.
A Cova da Xabreira
Adega A Bágoa
Adega A Coroa
Adega Alan de Val
Adega Arnadoval
Adega Melillas – Lagar do Cigur
Adega O Casal
Adega O Cepado
Adega Quinta da Peza
Barón do Sil
Bodega Cooperativa Jesús Nazareno
Bodega Godeval
Bodega Hacienda Ucediños
Bodega Roandi
Bodega Sampayolo
Bodega Santa Marta
Bodegas Blare
Cía. Vinos Telmo Rodríguez
D’Berna
Terriña
Viña Costeira
Virgen del Galir
A Feira do Viño de Valdeorras está pensada para desfrutar do viño, a gastronomía e o ambiente do Malecón durante toda a fin de semana.
- Ruta dos Pinchos da XXVII Feira do Viño de Valdeorras
En establecementos do Barco e da Rúa. Organizado en colaboración con AEVA. Do martes 26 ao venres 29 de maio. Das 19:00 ás 22:00 horas.
- Actividades para os máis pequenos
No Xardín Botánico, ao lado do Campo da Festa, haberá divertidos inchables, obradoiros, pintacaras, xogos tradicionais e actividades lúdicas dirixidas por monitores.
- Zona gastronómica
Poderedes degustar unha selección de produtos de Artesanía Alimentaria, marca de calidade da Xunta, nos stands de Ánades Galicia, CienPorCel, Queixos Feijoo, Sacrapastas e Xacobleas.
Haberá unha carpa e un servizo de restauración anexo ao recinto feiral.
- Música en directo
Durante toda a xornada do sábado en horario de mañá e tarde, a Charanga Charandonga amenizará a feira con música en directo.
O domingo actuará a Charanga Terras do Bibei, tamén en horario de mañá e tarde.